8.2.08

Suspendidos o 2º e o 3º P.I.LIN.G.


Balbordo comunica que suspende todas as actividades previstas ata final de curso, entre elas os dous P.I.LIN.G.s pendentes á Serra da Groba e a Vilanova dos Infantes. O motivo non é outro que a exclusión do proxecto de normalización do Centro das axudas que concede todos os anos a Secretaría Xeral de Política Lingüística por ter chegado fóra de prazo (o prazo remataba o día 13 de decembro e ese mesmo día mandouse o proxecto por carta certificada desde Gondomar pero algo debimos facer mal porque non estamos admitidos a trámite). Á espera de máis protestas que non van ir a ningures, simplemente pedir perdón pola case total paralización de actividades de aquí a final de curso (o presuposto a fondo perdido xa está máis que superado coas actividades feitas ata o momento). Mantense, en principio, o obradoiro de risoterapia do mes de abril pois é un compromiso adquirido hai xa bastante tempo coa persoa que virá a dalo. Polo demais, reiterar mil perdóns a quen poida afectar... e ata outra!

5.2.08

3.2.08

Ti recibes o que dás

Como anticipo da quincena do Ano Internacional da Terra que comezará no instituto o día 11 de febreiro con exposicións, saídas, club de lectura, charlas,...aquí tedes un vídeo duns e dunhas que fan moito todos os días para que este planeta no que vivimos non sexa moito peor do que xa é. Sen palabras.

2.2.08

A festa non vai parar

A festa non vai parar é a primeira canción dance en galego obra do Dj SON1C da discoteca Tattoo e interpretada pola cantante Isis. A bailar!!!
Un, dous, tres, catro Oh oh oh (X2) oh. Eu quero bailar,non podo esperar.O meu corpo está listo para amar. Sinto a paixón do teu corazón. Voute bicar neste subidón.A festa non vai parar. Contigo quero xogar. Esta noite voarei,co son dance do meu DJ.A festa non vai parar. Teño gañas de gozar.Esta noite voarei.¡Quero dance: Pono, DJ!Oh oh oh (X2)Na nana na nana na. A festa non vai parar. Na nana nana, Ohhhhh Na nana na nana na. A festa non vai parar. Na nana nana. Ohhhhh. A festa non vai parar. Contigo quero xogar. Esta noite voarei,co son dance do meu DJ. A festa non vai parar.Teño gañas de gozar.Esta noite voarei.¡Quero dance: Pono, DJ!Oh oh oh (X3). A festa non vai parar¡Non, non, non!¡Non vai parar!