26.11.08

Feito en Cataluña, presentado en Galiza


Mañá xoves, contra as oito da tarde, preséntase a nova edición de Vencello na Libraría Couceiro de Santiago. Este libro de texto constitúe o material básico de traballo para o alumnado dos centros de ensino secundario de Cataluña que, dentro do currículum oficial, escollen galego como asignatura optativa. ¿Cando terá o alumnado galego a posibilidade de estudar catalán?.

25.11.08

25 de novembro




No Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, no IES Auga da Laxe todos e todas queremos dar a cara polos bos tratos. E deixamos aquí unha mostra do traballo de concienciación feito polo alumnado.

24.11.08

Cinensino en Baiona


Bruno(1º ESO B) envíanos esta foto sobre a actividade que 1º ciclo tivo esta mañá no Auditorio de Baiona. A película proxectada foi Os seis signos da luz. Gustoulles moito.

19.11.08

Intercambio galego-catalán


O IES Sant Just Desvern é un dos institutos cataláns que ofrecen a posibilidade de aprender galego ao seu alumnado . O ano pasado, o noso insti participou con eles e elas nun intercambio galego-catalán que resultou do máis interesante. Este ano, doutra maneira, queremos seguir en contacto. E como necesitan mellorar o seu galego, nada máis axeitado que unha actividade de intercambio vía correo. Apetécevos participar?. En principio, buscamos alumnos e alumnas de 2º ESO que queiran compartir en galego con mozos e mozas do IES Sant Just. Máis adiante, xa veremos se se pode ampliar. Se ti estás interesado/a ou queres máis información, fala coa túa profe de galego ou con Anxo, Pepe ou Lidia (Balbordo) para saber que é o que tes que facer. Prazas limitadas!.

13.11.08

Vivamos como galegos (2)

Aquí temos o novo anuncio da campaña.

5.11.08

O sábado, P.I.LIN.G.


¿Aínda non probaches un P.I.LIN.G.?. Este sábado, se o tempo o permite, imos darche unha nova oportunidade. Temos preparada unha marcha até Chan do Cereixo. Polo camiño, imos recoller cogomelos e ao chegar imos ter un pouquiño de arqueoloxía. Lémbrate de levar o xantar, roupa e zapatos cómodos e moitas gañas de falar. Agardámoste contra as dez da mañá no insti!
A foto novamente é de Juan C.

4.11.08

Visitando outros blogs de ENDL(1)

Abrimos unha nova ventá. Por ela pasarán blogs de ENDL doutros institutos e colexios. Comezamos coa Tabarra dixital do IES da Pobra do Caramiñal.