20.1.09

O primeiro trimestre de 1º da ESO


No primeiro trimestre do curso, o alumnado de 1º ESO vimos dúas películas: unha muda, no instituto, e outra, en Baiona, que se chamaba Los seis signos de la luz. Tamén fixemos unha pancarta o 25 de novembro, Día da Violencia de Xénero, para berrar ben forte que o que nos gustan son os bos tratos. Cada un de nós fixemos un autorretrato e logo os xuntamos e puxemos en letras ben grandes: 25-N Día dos bos tratos. En decembro, fomos ao Marco, en Vigo, e vimos unha exposición de arte e maxia. Finalmente, elaboramos un traballo para relixión relacionado co Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


Enviado por Bruno (1º ESO)

12.1.09

Preparando o P.I.LIN.G.(2)




Na xornada de preparación do PILING do próximo 7 de febreiro, tivemos tempo de aprender moitas cousas e incluso de xogar. Así, a propósito do descubrimento arqueolóxico duns muíños naviculares, aconteceu o seguinte: Xosé Lois contoulle a nova a un alumno/a e este a outro/a e así sucesivamente...Queredes saber o resultado final? Velaquí o tedes.
1º) Xosé Lois a Alumno/a 1: "Son muíños naviculares de soporte fixo nos que se moían cereais e parece que tamén sustancias psicotrópicas: droga. Hainos entre Caminha e Cangas, no Morrazo, con dúas excepcións en Carnota e A Golada. Teñen uns 6000 anos..."
2º) Alumno/a 1 a Alumno/a 2: "Son uns muíños que servían para moer cereais e cilicotina que era unha especie de droga e foron feitos hai 6000 anos..."
3º) Alumno/a 2 a Alumno/a 3: "Un muíño navicular é onde se moía o cereal e unha especie de droga que estaba no Morrazo en Cangas..."
4º) Alumno/a 3 a Alumno/a 4: "Os muíños naviculares moen millo e unha droga que se chama...algo que acaba en tina e que se dá en Cangas do Morrazo..."
5º) Alumno/a 4 a Alumno/a 5: "O muíño verdicular sirve para recoller droga que se chama optimus..."
6º) Alumno/a 5 a Alumno/a 6: "O muíño verdicular pode moer trigo e millo e é como unha droga..."
7º) Alumno/a 6 a Alumno/a 7: "Un muíño verdicular pode moer trigo e millo e é como unha droga..."
8º) Alumno/a 7 a Alumno/a 8: "O muíño nervicular pode moer trigo e millo e pode quedar como unha droga..."
9º) Alumno/a 8 a Alumno/a 9: "O muíño verde é como un colar que se o tomas é como unha droga..."
Curioso, verdade?

10.1.09

Preparando o P.I.LIN.G.(1)







Este sábado estivemos preparando o P.I.LIN.G. á Serra da Groba do próximo 7 de febreiro. Para iso, un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO estiveron toda a mañá aprendendo un feixe de cousas sobre mámoas, foxos, petroglifos, curros, toponimia,...Eles e elas serán os e as guías da saída por esta marabillosa Serra ameazada pola instalación dun parque eólico. Contamos para a ocasión coa excepcional axuda de dous membros do Instituto de Estudos Miñoranos: Xosé Lois Vilar e Xilberte. Ide reservando a data pois poremos autobuses e ao remate faremos un xantar en Chan da Lagoa (todo iso se a climatoloxía non nos é adversa). Como constancia do traballo, aí van algunhas fotos...

9.1.09

Intercambio con Sant Just Desvern


Velaquí a foto do alumnado do instituto que está a realizar o intercambio lingüístico en galego con estudantes de 2º ESO da optativa de galego do IES Sant Just Desvern. Eles e elas son: Victoria, Marta, Cris, Andrea, Álex, Sheila, Noelia, Arián e Marina. Moita sorte e xa contaredes¡

17.12.08

Agasallos en galego


Os e as estudantes do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral (A Coruña) elaboraron un interesante catálogo de posibles agasallos en galego para estas festas. Velaquí o tedes por se vos pode ser de utilidade.

14.12.08

O P.I.LIN.G., novamente suspendido


Parece que este ano non estamos de sorte co tempo. O pasado sábado tivemos un día de chuvia, vento e frío que fixo imposible a celebración do anunciado P.I.LIN.G. Esperemos que no 2º trimestre si poidamos facer a camiñada pola Groba que agardamos con tanto entusiasmo. Será, se a metereoloxía non é adversa, o 7 de febreiro.

1.12.08

O P.I.LIN.G. aprazado, o 13 de decembro


O P.I.LIN.G. a Chan do Cereixo aprazado o pasado día 8 de novembro por mor do mal tempo, imos tentar celebralo o 13 de decembro, sábado, xusto antes das vacacións e unha vez rematados os exames. A ver se para esta temos un pouco máis de sorte!