O pasado sábado, na Biblioteca Pública de Gondomar, nenos e nenas montaron nun tren cargado de misterios cun maquinista excepcional: Agustín Fernández Paz. Velaquí algúns momentos desta primeira sesión do Club de Lectura para lectores e lectoras de 7 a 11 anos.
1 comentário:
Os pasaxeiros que iamos a bordo do tren pensabamos que sería unha viaxe sen fin. Estábase tan a gusto nese tren de letras e fantasía que non queriamos que o maquinista parase en ningún momento, é dicir, que non nos deixase en ningunha estación. Pero todo o bo, igual que o malo, ten o seu fin, así que agora debemos continuar nós esa viaxe ... en barco, en avión, a nado, andando ... como sexa pero continuala.
Enviar um comentário