30.10.08

Arte


Este é o título da obra de Yasmina Reza que vai ser representada pola compañía Fulano, Mengano e Citano o próximo 15 de novembro no Auditorio de Gondomar. ¿Queredes unha entrada para poder asistir?. Xa sabedes que a Lingua é teatro. Por iso, imos sortear invitacións entre todos aqueles membros da Comunidade Escolar que deixen un comentario nesta nova. Podedes recomendar algunha obra de teatro que vistes ultimamente ou simplemente dicir que queredes participar no sorteo. Iso si, deixade algún dato que nos permita contactar con vós. Tedes de prazo até o 12 de novembro. ¡Sorte!

26.10.08

As Galácticas de Gondomar


A quen lle importa o Barça de Messi? Para que tanto rebumbio coa Liga dos galácticos?. As verdadeiras estrelas están aquí en Gondomar. Só tedes que acudir os domingos pola mañá ás Cercas para gozar co mellor fútbol: fantásticas xogadas e goles de encaixe. Non importa cal sexa o resultado. O marabilloso é ver un grupo de amigas (moitas delas alumnas do insti) sufrir, loitar, defender, atacar,...Un auténtico luxo ao alcance de todos os petos. Non volo perdades!

25.10.08

Mostra de Teatro de Gondomar


Comeza esta fin de semana a Mostra de Teatro de Gondomar. Este sábado contra as 22.30h no Auditorio Lois Tobío, poderemos asistir á obra A bombilla máxica, de Woody Allen, que será representada pola compañía Teatro do Atlántico.

24.10.08

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008


O ENDL do IES Auga da Laxe quere felicitar a Agustín por este tan agardado e merecido premio.

23.10.08

As nosas palabras, os nosos mundos

Esta exposición itinerante sobre a lingua galega na diversidade lingüística pode ser visitada do 24 de outubro ao 7 de novembro na Estación Marítima de Vigo.


18.10.08

72 aniversario da volta dos 9


Hoxe ás 12:00 da mañá comezaba o acto en memoria dos 9 represaliados o 15 de outubro de 1936. No acto os familiares dos asesinados facían unha ofrenda floral promovida polo colectivo volta dos nove. O monumento, na foto, é obra do escultor Fernando Casás.

El pop gallec protagonitza l´Enderrock d´octubre

El CD i monogràfic Gz Pop! és un repàs als grups i artistes referencials de l'escena actual de la música gallega que s'encarta amb la revista catalana Enderrock del mes d'octubre.El disc inclou 18 artistes i els grups què surtin en aquest recopilatori mostren la vitalitat, emergència i qualitat de les propostes musicals que han sorgit a Galícia durant els últims temps. Del funk rock de Loretta Martin a la fusió de Lamatumbá, del hip hop de Dios Ke Te Crew al rock sense concesions de Zënzar, del pop electrònic de Projecto Mourente al pop tecno-orgànic de Fanny + Alexander, entre d’altres.


11.10.08

Festival Europeo da Canción para Linguas Minorizadas

Planeta 19 é o título da canción coa que Boy Elliot and the plastic bags representa a Galiza na quinta edición deste Festival. Será o próximo sábado 18 de outubro en Lulea (Laponia). Velaquí a tedes.

9.10.08

1º P.I.LIN.G.


Será o vindeiro 8 de novembro. Estaremos aquí. Bonito, verdade?. Pois ide reservando esta data na vosa axenda. A foto é de Juan Chamorro.

6.10.08

Talasonimia da costa sur de Galicia


Velaquí temos un libro excepcional. Unha marabillosa mostra de amor á terra. Un traballo de recollida minucioso, exhaustivo e paixonal. Para non perdelo.

3.10.08

Balbordo busca xornalistas



O novo curso xa está aquí. E con el, unha nova resurrección deste blog (a ver se desta vai a vencida e vive feliz por moito tempo). Pronto ides ter máis información sobre todas as cousas que estamos a argallar. Iso si, para que esta ventá de comunicación virtual siga aberta vanse necesitar moitos e moitas xornalistas, moitas mans, moitas ideas...Así que se queredes formar parte do equipo de redacción de Balbordo, estamos a agardarvos cos brazos abertos. Sede benvidos e benvidas!