30.3.11

Intercambio con Rianxo

Velaquí unhas cantas fotos que deixan constancia do marabilloso día de encontro co EDL do IES Félix Muriel de Rianxo. Chover, choveu moito pero as nosas ganas de intercambiar, coñecer outros lugares fermosos como as Dunas de Corrubedo e, sobre todo, compartir experiencias con outros rapaces e rapazas fixeron a xornada inesquecible. Agardamos con impaciencia o 3 de maio, día no que Rianxo virá coñecer as terras do Val Miñor. Até entón, aquí queda esta mostra








7.10.10

Reunión do Equipo Balbordo 2010-11



O próximo xoves 14 de outubro, contra as doce, na aula de galego 1, haberá unha reunión de constitución do Equipo Balbordo para este curso. Se estás interesado/a en saber cales van ser as liñas de traballo e queres ser parte activa da tarefa de dinamizar a nosa lingua, agardámoste cos brazos abertos. E coa foto unha pequena pista dun lugar que imos coñecer (e a algúns dos rapaces e rapazas que alí viven): ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van...Xa sabes de onde estamos a falar?

16.6.10

E máis zapatillas(2)

Máis de 50 pares de zapatillas de deseño exclusivo en galego están penduradas nas paredes e columnas do noso instituto. Velaquí unha mostra antes da votación para decidir as zapatillas gañadoras.


13.6.10

Gústanme as flores do toxo

Gústanme todas as flores do toxo. Por exemplo, estas de Lalo, de 4º ESO A, en forma de zapatilla.



As noites de verán de Lusca


Lusca é o pseudónimo co que se presentou ao concurso a última finalista, Antía, tamén de 3º ESO A. Parabéns!


Título: Noites de verán
Pseudónimo: Lusca
Identidade: Antía González García

Reflectida na
lúa a túa cara.
Noites de verán.

Ao son dos grilos,
cos ollos nas estrelas.
Noites de verán.

Gozar lendo,
no meu xardín sen teito.
Noites de verán.

Soan os Beatles,
a pedra segue quente.
Noites de verán.

Seica non sabes?
Que ben se está sen frío.
Noites de verán.

Desexos contemporáneos de Vivaldi


Penúltimo poemario finalista. O autor é Brais, de 3º ESO A. Velaquí o texto e unha foto do poeta.


Título: Desexos contemporáneos de Vivaldi
Pseudónimo: Anónimo
Identidade: Brais Araújo Otero

Ondas do mar
Barquiños a navegar
Calor de verán

Flores e pole
Insectos a voar
Cor primaveral

Frío e neve
Animais a invernar
Rúas baleiras

Camión, árbore…
Haiku mal deseñado
Faltan ideas

Follas que caen
Ledicia, colorido
Uns mesiños máis

10.6.10

A mirada dun humano

Este é o título do poemario de Jose Ramón Fernández, de 3º ESO. A foto supoño que xa vos soa e José Ramón non está difícil de atopar.



Título: A mirada dun humano
Pseudónimo: Jota
Identidade: José Ramón Rodríguez

Un raio de luz.
Unha rosa desfeita.
Un desacougo.

O bosque seco,
os animais mortos.
Moito medo vai.

No calafrío
encóntrase a paixón.
Ganas de vivir.

Morre de fame.
O mundo non o mira.
Hipocrisía.

Unha aparición
é mesturada co ser.
Namoramento.