Linguas cruzadas
Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Linguas cruzadas é un documental de 50´que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.
Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son a clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándose en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
2 comentários:
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my site, it is about the CresceNet, I hope you enjoy. The address is http://www.provedorcrescenet.com . A hug.
Hai cousa de 15 días, sucedeume algo que nunca crin que me ia pasar a min.
Asistin a unha entrevista de emprego para un super, na que si me collian, o traballo que teria que realizar seria o de colocar productos nos estantes ou de caixeira.
o entrevistador dirixiuse a min en todo o momento en castelan, e eu por decisión propia contesteille toda a entrevista en galego. cando estabamos a rematar -e de ahi o meu abraio- cando me pregunta si me pode facer unha critica constructiva, eu dixenlle que si e a súa critica é:(palabras textuais)
-Es respecto al gallego, es que yo me dirigi a ti en todo momento en castellano y tu me contestaste en gallego, y creo que tu deber era contestaeme en casrtellano. En este caso yo lo entiendo perfectamente, pero, si estas en el super y un madrileño te pregunta algo en castellano y le respondes en gallego y no te entiende puedes crear una mala reputación para la empresa.
Eu quedei sen palabras, xamais imaxinei que me ia a decir semellante cousa. A miña resposta foi:
- Xa, pero e que si non me entende cambiome o castelán.
E aqui rematou a entrevista.
Eu creia que era libre para elixir o idioma que quero falar, neste caso, o galego (sempre que me entendan). Pero resulta que elixir falar o galego trae consecuencias, cousa que me pareca indignante a estas alturas da vida, incrible pero certo. Sabia da existencia destes problemas,pero non que fose para tanto,e que os prexuízos ían curando.
Respecto á "crítica constructiva" sentinme insultada, porque o señor entrevistador debe de pensar que si falo en galego e non me entenden, non teño a suficiente intelixencia para darme conta e cambiarme o castelan.
Enviar um comentário