O marcapáxinas de María...
O ENDL Balbordo, en colaboración con Plástica, convocou unha proposta para elaborar un marcapáxinas identificativo do equipo. A idea debía estar relacionada coa lingua e ser orixinal. Despois de duras deliberacións, decidimos que Converse en galego. Camiña co galego. era a que máis nos gustaba. A gañadora foi María Reigosa, de 1º ESO. Xa temos os marcas no insti. Se queredes algún, só tedes que pedilo. Velaquí vos deixamos o deseño. Orixinal, non si?
2 comentários:
Ola, resulta que teño unha pequena colección de marcapáxinas e estaría "moi" interesada en conseguir un destes tan chulos deseñados por María.
Agradeceríavos que me dixésedes como podo facer enviándome un correo electrónico. O meu enderezo é pilarponte.ensino@gmail.com
Moitas grazas e parabéns.
Pilar Ponte Patiño
Moi bonito pero incómodo.
Enviar um comentário