24.11.07

Cartas


Si, cartas (ou correos) van comezar a enviar e a recibir 7 alumnas (Sabela, Marina, Arián, Noelia, Marta, Sheila e Victoria) e 3 alumnos (Álex, Rafael e Alejandro) deste Centro de 1º ciclo da ESO . Estes correos acabarán no IES de Sant Just Desvern no Baixo LLobregat onde os lerán dez alumnos de 2º ESO (Gerard, Elena, Pere, Ariadna, Joan, Víctor, Héctor, Guillem, Jan e Aitor) que están estudando galego. Esperemos que destas cartas xurdan grandes amizades. Para ilustrar o que agardamos deste encontro, este suxerente cartel publicitario do Servizo de Correos de Australia. Fermoso, non si?

2 comentários:

Anónimo disse...

Ola son Rosana acabo de entrar por primeira vez. Estou dacordo con que o cartel é impresionante.
Falando doutro tema. Os concursos son só para os alumnos ou para toda a comunidade escolar?

Anónimo disse...

A que saberá un abrazo tan letrado?