23.1.08

Chega o Antroido!


Ide preparando disfraces e máscaras que chega a Festa do Antroido ao IES Auga da Laxe!. Haberá un gran baile, unha fantástica actuación sorpresa, un concurso de máscaras e, coma outros anos, o xa tradicional concurso de disfraces de grupos (lembrade que tedes que ser un mínimo de 5 persoas) con grandes premios para os mellores e para o grupo máis numeroso. O venres 1 de febreiro a festa rachada agarda por vós!. Non podedes perdela!

Sem comentários: