8.2.08

Suspendidos o 2º e o 3º P.I.LIN.G.


Balbordo comunica que suspende todas as actividades previstas ata final de curso, entre elas os dous P.I.LIN.G.s pendentes á Serra da Groba e a Vilanova dos Infantes. O motivo non é outro que a exclusión do proxecto de normalización do Centro das axudas que concede todos os anos a Secretaría Xeral de Política Lingüística por ter chegado fóra de prazo (o prazo remataba o día 13 de decembro e ese mesmo día mandouse o proxecto por carta certificada desde Gondomar pero algo debimos facer mal porque non estamos admitidos a trámite). Á espera de máis protestas que non van ir a ningures, simplemente pedir perdón pola case total paralización de actividades de aquí a final de curso (o presuposto a fondo perdido xa está máis que superado coas actividades feitas ata o momento). Mantense, en principio, o obradoiro de risoterapia do mes de abril pois é un compromiso adquirido hai xa bastante tempo coa persoa que virá a dalo. Polo demais, reiterar mil perdóns a quen poida afectar... e ata outra!

1 comentário:

Anónimo disse...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the TV de Plasma, I hope you enjoy. The address is http://tv-de-plasma.blogspot.com. A hug.